(Tardas en lelo de 4 a 6 minutos)
A austeridade, suberfuxio tras o cal se agocha a palabra recorte, eufemismo tras o cal vive, oculta, a palabra desmantelamento, substantivo tras o cal aparece a verdadeira concesión temporal. A Sanidade pública, a Educación pública, o I+D+i... todo ese entramado léxico que construía o Estado do Ben-estar, agoniza, mentres a Igrexa, a Banca, a oligarquía empresarial, goza dunha falsa boa saúde que se traduce nun auténtico banquete sanguento após do cal quedarán menos ricos máis ricos. Baixo a sotana vaticana gárdanse os millóns que perdoa o Estado, co Concordato mediante, prohibida seiva que resucitaría o esmorecente sistema público; baixo o trono real gárdanse os millóns que nutrirían as investigacións científicas; baixo as alfombras das casas dos banqueiros gárdanse os millóns, insuflados polo Estado, que revitalizarían as PME´s; baixo o solo das indústrias gárdanse os millóns, aforros vindos dos ERE´s e demais familia, que darían prestacións de desemprego e unha renda básica universal. No entanto, nós, através do Estado, seguimos dando cartos e soldos a "Bankias", soldos que un traballador co soldo interprofisional mínimo tardaría case dous séculos e medio en gañar, grazas a subas de impostos, do IVE, copagamentos, portaxes futuras en autovías, vindeiras privatizacións de RENFE, Correos e da agua. Todo por seguir dándolle soro monetario ás zombis entidades bancarias, por alcanzar ese Eldorado deficitario, por seguir alimentando esa nova burbulla, xa non inmobiliaria, mais da débeda pública, que cando estoupe levará todo por diante.

Mais esta austeridade, esta crise, que parece de onte máis xa é ben vella, tamén alcanza á caste gobernante, adiantando eleizóns en Asturies e Euscadi, tocando na liña de flutuación os partidos maioritarios, desgastando a imaxe do novo goberno en menos de seis meses por incumprir máis cedo do habitual cousas prometidas, gastando o que supostamente se aforra en campañas antiabortistas ou en cursos de caza para menores de 12 anos ou en pagar a seguranza do pazo de Meirás. Tamén alcanza a institucións tocadas pola man de Deus e que parecían intocábeis facendo entoar, dunha maneira surreal, o mea culpa ante o pobo vasalo.