26 Dezembro 2007

Ausencia

É estraño. Hoxe descubrín que existen diferentes maneiras de botar de menos a alguén. Até agora non me parara a reflexionar nos diferentes xeitos que tes de notar a ausencia dunha persoa querida. Hai a ausencia dese amigo ou amiga que sempre está aí, que ves mui de cando en vez, pero cando vos vedes semella que só pasou unha semana; un día dis: "carallo, canto hai que non sei da súa vida, vouno chamar un día destes". Hai tamén a ausencia irrecuperábel, dunha morte xa afastada, ou dunha relación na que nin a amizade queda, na que hai días nos que te lembras terribelmente desa persoa e estás todo o tempo triste, ausente, con pena no corazón.

Hai tantas ausencias como relacións teñas tido.

Hoxe levo todo o día cunha sombra no ánimo. Todo vai ben. Todo marcha. A miña familia está ben. Os meus seres queridos están ben. Non estou triste, se hai motivos até río. Mais hai unha sombra.

A miña relación contigo reveloume un novo xeito de sentir ausencia. Ausencia que revela baleiro. Baleiro que revela presenza. A presenza á que tan rápido, tan ben, tan naturalmente, me acostumei.


si asa um tivesse

pa voa na esse distancia
si um gazela um fosse
pa corre sem nem um cansera

anton ja na bo seio
um tava ba manche
e nunca mas ausencia
ta ser nos lema

ma so na pensamento
um ta viaja sem medo
nha liberdade um te'l
e so na nha sonho

na nha sonho mieforte
um tem bo protecao
um te so bo carinho
e bo sorriso

ai solidao to'me
sima sol sozim na ceu
so ta brilha ma ta cega
na se clarao
sem sabe pa onde lumia
pa onde bai
ai solidao e un sina...

"Ausencia", Cesária Évora

1 brisas:

MMG disse...

Xa tou aquí...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...