13 Dezembro 2007

A infancia esquecida

Quen non lembra a Bola de Cristal? Barrio Sésamo, Telegato, David el Gnomo, DArtacán y los tres mosqueperros, Willy Fogg, Planeta Imaginario, Los Mundos de Yupi, Carteiro Pat, Érase una vez..., La Aldea del Arce, Alfred J. Kwak, As bolas máxicas, Oliver y Benji, Los Diminutos, Los Snorkels, Fraggle Rock, Os Pitufos... Tantos e tantos nomes de series, de debuxos animados, de programas... Lembranzas dunha infancia, que xa pasou e nunca volverá.

Alguén podería enumerar a mesma cantidade de programas dedicados ao público infantil e xuvenil da actualidade (e non valen os Lunnis e Pocoyo)?

Se damos un pequeno repaso ás programacións das canles de tevé xenéricas podemos ver que, salvo a 2 e a Galega, no resto, a progración dedicada a rapaces e raparigas menores de 12 anos é practicamente (por non dicer totalmente) inexistente.

As series, os debuxos, destinados a esta franxa de idade, foron substituídos, aos poucos, por culebróns, programas do corazón, de sucesos (con novas totalmente morbosas e sen interese real)... e, cando hai debuxos, son, na realidade, pensados para adultos (Padre de familia, Los Simpsons, Futurama...).

Cando se cambiou o entretimento da infancia por outra cousa que dera máis rendimento económico? Cando os directivos das tevés decidiron relegar aos pequenos e pequenas ao esquecimento? Cando deixou de impartarlles respeitar as mentes destes pícaros, intoxicándoas diariamente con xente a pelexar nos programas do corazón, con palabras cheas de raiba traizón mesquindade ciúmes, con imaxes cheas de todo o negativo que ten o ser humano? Cando lles dá igual saltar o horario protexido?


A tevé, a grandes trazos, é, hoxe en día, un grande cubo do lixo, e todo ese lixo estase a verquer nas mentes inocentes das crianzas.

Non nos sorprendamos, entón, que logo, na adolescencia, vivan a vida do mesmo xeito que a ven na televisión.

1 comentários:

Maggie Fraggle disse...

"Entrez dans la danse! Les soucis n'ont pas de chance! La musique commence! Ça c'est Fraggle Rock!!!"

Grande verdade, estimado Xanelador, cantos debuxos animados engullidos coa merenda quentiña e desfrutada cos irmanciños! Canta maxia para os nosos ollos famentos de aventuras estrambóticas e a nosa mente inquieta e fantástica!!
Esqueceron que os nenos seguen sendo nenos e que a infancia non merece magullarse a golpes de chismes, cotilleos e bágoas fáciles vertidas ao son dunha sintonía diarréica e cutre. Non sei quen se empeña en facer medrar demasiado deprisa aos nosos nenos... é tan sabrosa a infancia! Quedan para os que poden pagárselos os canles privados e os DVDs... e pra os demais, os recordos e o Youtube!
www.planete-jeunesse.com