31 Março 2008

Kakouille

Era un gato. Tiña unha forte personalidade e facíase notar alí onde estaba. Comía de todo, de todo: desde xamón até pan, pasando polo arroz. No seu pequeno corpo había muita vida, estaba embebedado de vida. Chamábase Kakouille. Era só un gato.

Morreu dun virus que lle devoraba os glóbulos vermellos. Aos poucos, a vida que acubillaba no seu interior foise apagando. Até que nos dous últimos días non se podía manter en pé. Morreu asfixiado e o último estertor fíxonos dubidar de se quen morría era un felino ou un ser humano.

Choramos uns minutos, ante o tráxico e agónico da morte. Morrera Kakouille, e non nos parabamos a pensar na súa dimensión gatuna.

Era un gato, un ser vivo que morreu nas nosas mans.

Chamábase Kakouille.

1 brisas:

Maga disse...

Iso fai que viva no noso recordo. Merci mon amour

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...