Abramos o fachinelo:1982 - O PSOE gaña as eleizóns
1983- Apróbase a Lei de Reforma Universitaria (LRU)
1984- Plano de Reconversión Naval (case 8.000 despedimentos)
1984-86- Redución do cadro de persoal das minas de Asturies co segundo "contrato-programa" (o primeiro fora no biénio 81-83)
1986- O PSOE gaña as eleizóns. España entra na OTAN. Segundo Plano de Reconversión Naval.
1987-89- Nova redución de persoal mineiro en Asturies (estas tres reducións afectan a 4.000 traballadores)
1988- Greve Xeral por mor da Reforma Laboral (que incluía abaratar o despedimento, a criazón de ETT´s para a xente nova...); esta greve frea dita reforma.
1988-89- : Programa de Reestruturación Naval (afectou a 4.400 traballadores)
1989- O PSOE gaña as eleizóns. Comeza a privatización de Endesa, de Argentaria, de Repsol.
1993- O PSOE gaña as eleizóns. Instáuranse as ETT´s.
1994- Comeza a privatización de Iberia.
1996- O PP gaña as eleizóns. Acaba a privatización de Repsol.
1997-Elimínase o emprego fixo.
1998- Acaba a privatización de Argentaria.
2000- O PP gaña as eleizóns. Culmina a privatización de Endesa. O control da depuración e distribución da agua potábel e sanitaria vai pasando nos fins do século XX e comezos do XXI dos municipios ás empresas privadas (Aguas de Barcelona, Aquagest, Aqualia...)
2001- Apróvase a Lei de Ordenación Universitaria (LOU). Termina a privatización de Iberia.
2004- O PSOE gaña as eleizóns.
2007- Apróbase un Real Decreto que elimina as diplomaturas e as licenciaturas.
Unha urna. Nunha urna de cristal ou de plástico queda reducida a nosa participación na "festa democrática". "Vota con todas as túas forzas", din uns, "Vota coa cabeza e o corazón", din outros. "Se non votas non tes dereito a protestar", é a frase máis empregada en épocas eleitorais coma estas.
O 9 de marzo son as eleizóns xerais, para elixir o presidente que rexerá o goberno do Estado nos próximos catro anos. E eu pregunto: que facemos votando? Elixir aos representantes que teñen que facer todo o posíbel para millorar as nosas condicións sociais e económicas? Ou lexitimar as medidas que, sexa quen for quen goberne, se levarán a cabo para beneficiar a unhas persoas agochadas detrás dunhas iniciais (sexan partido político banco S.L. ou S.A.)?
0 brisas:
Enviar um comentário