Pensemos nos Balcáns, en como eran hai vinte anos:

Si, había un só Estado, un Estado federado. Vexamos como é agora:

Si, un quebracebezas. E Kosovo a última peza.
Agora atravesemos o mar Exeu e o Mediterráneo, Asia, e cheguemos a China. Eis China na actualidade:

Eis o mapa de provincias:
As provincias que os "pacíficos" monxes tibetanos, alén do propio Tíbet, queren que se independicen son Xinxiang e Mongolia Interior.
Alén dos evidentes paralelismos entre Iugoslavia (real) e China (posíbel), que outras cousas unen as independencias unilateral (de Kosovo) e viábel (do Tíbet)? Vexamos o mapa de Asia:

Atravesando Grecia, o mar Exeu e Mediterráneo chegamos a Oriente Próximo e Medio. Que relación gardan Israel e Palestina, Siria, Iraque, Irán e Afeganistán? É coincidencia que estean sempre no ollo do furacán (como Israel e Iraque) ou vexan no horizonte como se aproxima (como Siria e Irán)? É coincidencia que todos teñan como o único ou principal inimigo ao mesmo país? É só coincidencia que estes países formen unha faixa e que ao norte desta estea Rusia, precisamente a principal opositora á independencia de Kosovo e unha das que apoian a China no seu conflito co Tíbet?
Ás veces uns simples mapas axúdannos máis a comprender o que acontece no mundo ca seis canles emitindo os seus telexornais ao meodía.
Fin da clase de xeografía.
0 brisas:
Enviar um comentário